8 de xul. de 2016

Visita dos Alumnos e Alumnas de 3º de Infantil da Escola Rosalía de Castro

Xacobe M.

O pasado martes recibimos unha agradable sorpresa, a mestra de educación infantil da Escola Rosalía de Castro, Marta Adrio, tróuxonos tres álbumes cos debuxos cos seus alumnos/as realizaron logo da visita que fixeron á nosa Escola. 
Estiveron nas aulas de cerámica artística, debuxo e por suposto na nosa biblioteca.
Estes son algúns dos marabillosos debuxos que fixeron do seu paso pola´hemeroteca  pero tamén nos trouxeron outros dous álbumes dedicados a Federico Fernández (mestre de debuxo) e a Miguel Vázquez (mestre de cerámica). 
Queremos dar as grazas a todos os alumnos/as de 3º de educación infantil e especialmente ao seu profesorado por coordinar esta laboriosa tarefa. 
Agradecémosvos moito o detalle que tivestes connosco e esperamos que a visita fose de interese para todos os nenos e nenas que nos visitaron.
Iago M.
Sofía B.
Lucía
Martina Gazaraín
Nerea

Ningún comentario:

Publicar un comentario