11 de out. de 2016

XI Edición Premios Nacionais de Artesanía 2016



Os Premios Nacionais de Artesanía, que en 2016 celebran a súa undécima edición, son promovidos e organizados pola Fundación EOI a través da súa área de artesanía, Fundesarte, e convocados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Os obxectivos destes premios son: prestixiar a artesanía, presentándoa nunha contorna de calidade e excelencia; recoñecer os méritos daquelas empresas artesanas que destaquen pola súa creatividade, adaptación ao mercado, responsabilidade social e medioambiental e capacidade de innovación, conservando ao mesmo tempo as características específicas que as definen; recoñecer o labor das institucións, organismos e empresas cuxas actuacións contribúan a alcanzar os obxectivos que se perseguen coa constitución destes premios.
O prazo de presentación de solicitudes termina o 5 de novembro de 2016

Más información e inscripcións
www.premiosnacionalesdeartesania.com  
premisoartesania@eoi.es
 
Documentación
Anexo_2A.doc (79,5 KB)
Bases.pdf (303,5 KB)
Anexo_2B.doc (82,5 KB)

Ningún comentario:

Publicar un comentario