5 de dec. de 2016

Exposición Proxectos 2016. Cerámica

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016


CERÁMICA ARTÍSTICA
Fernando Carballa Villanueva
Cabeza e Protector
Gres BT. Parafusos prásticos
Cabeza composta por 112 pezas. Protector formado por 56 pezas. Todas elas cocidas a alta temperatura. Ensambladas con parafusos plásticos.

Esta obra busca conseguir lixeireza, claridade, liberdade, luz... en contraposición aos seus aspectos formais de cerramento, pesadez, escuridade, claustrofobia...

 
CERÁMICA ARTÍSTICA
Juana Martinez 
Elaboración e produción dun revestimento cerámico artesanal 
Pasta: PA/PRAF/Gres porcelánico
Vidrados: ATP/ATP+Cu+Co 

A intención é facer un exercicio de simplificación na que o observador pode entender o obxectivo final do revestimento, onde o paralelepípedo proposto divídese en dous planos: o horizontal sería o chan, e o plano vertical serían as paredes revestidas da edificación.
Estudo para a elaboración dun revestimento cerámico artesanal resolto mediante unha matriz xeométrica cuxo módulo hexagonal propón unha estética que alude a xeometrías propias da natureza, ao tempo que atende aos requisitos de funcionalidade, simplicidade e versatilidade. Do mesmo xeito, o proxecto cuantifica o tempo de produción e materiais necesarios para o desenvolvemento do proceso de produción, permitindo avaliar o custo efectivo do revestimento.

CERÁMICA ARTÍSTICA
Natalia Touriño e Muíño
Encaixe cerámico.
Porcelana G8/Supermimbre/Gres BT

A proposta consta de dúas partes, relativas ao encaixe; por un lado hai volume relacionado coa luz e, por outro, hai liñas sobre un soporte útil: as tazas de viño.


CERÁMICA ARTÍSTICA
Nero Carpente
Ai lalelo, Ai lalalo
Louza branca, gres branco, calcas cerámicas

Colección seriada de recipientes cerámicos para bebidas alcohólicas; unindo funcionalidade, creatividade e cultura popular. Trátase de relacionar esta modalidade de pezas coa propia actividade festiva e musical na que se empregan dentro da cultura galega


CERÁMICA ARTÍSTICA
María del Pilar López Freire
Fish-iño
Colada Art 13 e gres BT

Nove pezas exentas que recrean a manipulación do peixe no porto pesqueiro de Vigo. O aproveitamento dos refugallos que produce, como alegoría do desenvolvemento da cidade olivíca.
Fíxose un molde dun peixe imaxinario cortado en tres seccións, cada unha delas tratadas de xeito diferente. Unhas foron relizadas a coada e outras ao apretón. No acabado das pezas utilizáronse diferente vidrados. As pezas que van sobre peana están realizadas en grés sen vidrar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario