4 de set. de 2017

Despedimos a Antonia e a Alice...

Que tristura comezar o novo curso desta maneira, temos que comunicarvos a perdida de dúas alumnas da nosa Escola, Antonia Hernández que despois de rematar a especialidade de encaixe de palillos, había comezado con moitas ganas artesanía do coiro e a antiga alumna de cerámica, Alice Jones. Desde aquí queremos transmitir as nosas condolencias aos seus amigos e familiares.


Antonia Hernández Cerviño


A Antonia sempre a recordaremos como unha muller afable, alegre, inqueda e moi loitadora... neste sentido destacamos o seu traballo como presidenta da Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (ALCER). Como compañeira e alumna participaba en todo con entusiasmo, recordamos as súas exquisitas sobremesas que por problemas de saúde ela non podía degustar pero que facía con moitísimo gusto para o deleite dos seus compañeiros. Ímosche a botar de menos, Antonia.
 
Alice Jones Jones
 
Tamén temos que recordar a Alice, antiga alumna da especialidade de cerámica na nosa Escola, entre os anos 2001 e 2006. O seu mestre Miguel Vázquez garda dela un gratísimo recordo. Mantiña a súa ligazón coa cerámica e seguía acudindo todos os anos á Semana de Rakú en Nigrán. Esta inglesa afincada en Vigo era unha muller moi especial, divertida, amante da vida que deixou pegada nos seus alumnos como profesora de inglés en dous coñecidos colexios de Vigo. Froito da súa personalidade foi a orixinal despedida cos seus amigos e familiares rendéronlle o pasado venres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario