Dende o pasado venres 25 de marzo, a exposición "O fermoso rostro do país" na nova pinacoteca municipal , abre unha nova etapa na exhibición da arte na cidade de Vigo. A exposición desenvolve ao longo de 10 seccións a evolución da pintura galega dos séculos XIX e XX, son en total 166 pezas de 86 autores repartidas en catro andares do pazo urbano Arias Taboada, con nomes tan importantes como: Perez Villaamil, Brocos, Avendaño, Souto, Álvarez de Sotomayor, Castelao, Maside, Colmeiro, Laxeiro, Lugrís ou Seoane, chegando ata as máis novas xeracións de artistas aínda en plena actividade vital e creativa. O conxunto permite reconstruír o proceso de formación dunha Escola Galega de Pintura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario