10 ILUSTRADORES PARTICIPAN NA EXPOSICIÓN “SOÑOS ILUSTRADOS” QUE SE INAUGURA ESTE VENRES 15 DE ABRIL NA ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO.
O Espazo EMAO abre as súas portas de martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horas para compartir estes traballos artísticos. Dende o pasado mes de xaneiro, a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios é un lugar aberto a toda a cidadanía viguesa para a difusión da cultura e da creación, en forma de coidadas obras artesás e artísticas.
Ábrese unha nova mostra da man dos mellores ilustradores que teñen publicado na prestixiosa editorial Kalandraka. Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva son os dez ilustradores que participan na exposición “Soños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego ”, dende o 15 de abril, e ata o 10 de xuño. A mostra reúne -por primeira vez en Vigo- un grupo de ilustracións e traballos pertencentes a unha vintena de álbums editados por Kalandraka.
ALGUNHAS FOTOS DA EXPOSICIÓN
ALGUNHAS FOTOS DA EXPOSICIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario