Retrato realizado por John Opie (1797) |
Este xoves 14 de abril ás 19 horas, dentro do ciclo de charlas sobre mulleres con discurso feminista, conferencia sobre a escritora inglesa Mary Wollstonecraft (1759-1797), é unha das iniciadoras do pensamento feminista, foi a nai de Mary Shelley e autora da obra "Vindicación dos dereitos da muller" (1792), na que condena a educación que se lles daba ás mulleres porque as facía "máis artificiais e débiles de carácter do que doutra forma poderían ter sido" e porque deformaba os seus valores con "nocións equivocadas da excelencia feminina". A relatora será Mª Jesús Lorenzo Modia, doutora e profesora de Filoloxía Inglesa da Universidade da Coruña, especialista na obra de Mary Wollstonecraft.
Organiza: Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, Concellería de Igualdade.
Lugar:
Biblioteca Pública Central
R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar
36202 Vigo
T. 986 22 90 74
Lugar:
Biblioteca Pública Central
R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar
36202 Vigo
T. 986 22 90 74
Ningún comentario:
Publicar un comentario