O Día Internacional do Museo celébrase dende 1977 a nivel mundial, seguindo a resolución 5 da XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional dos Museos). Cada ano, un tema é elixido polo Consello Consultivo. O tema para o Día Internacional dos Museos 2011 é "Museo e Memoria". Os museos gardan a memoria e contan historias. Conservan nas súas coleccións obxectos fundamentais para a memoria das comunidades nas que vivimos. Estes obxectos son a expresión dos nosos patrimonios natural e cultural. Moitos deles son fráxiles, varios están en perigo, e todos necesitan coidado e conservación especiais. Neste día, os museos serán escenario de concursos, obradoiros, conferencias e espectáculos. Algúns abrirán as súas portas durante 24 horas, outros preparan novos itinerarios de visita reais ou virtuais entre os museos e lugares próximos, a diferenza do que ocorre nas visitas clásicas aos museos, estas actividades serán desenvolvidas con orixinalidade e apaixonamento e estarán destinadas a compartir coñecementos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario