Páxinas

19 de maio de 2011

"RICARD TERRÉ. OBRAS MESTRAS" EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NA BARRIÉ DE LA MAZA


A Fundación Barrié inaugura mañá 20 de maio en Vigo, a exposición "Ricard Terré. Obras mestras", unha retrospectiva que recolle o traballo deste fotógrafo catalán, afincado dende 1959 na nosa cidade, onde faleceu en 2009. A mostra, que permanecerá aberta ata o 30 de outubro, permitirá contemplar 120 fotografías de diferente formato seleccionadas por Chema Conesa, o comisario desta iniciativa, a cal busca facer unha relectura da obra de Terré.
Esta é a segunda colaboración entre a Fundación Barrié e La Fábrica. O ano pasado, a cooperación entre ambas as dúas entidades trouxo á cidade olívica a obra de Català-Roca, outro dos grandes fotógrafos do ámbito nacional. Agora, abórdase a figura de Ricard Terré, un autor que achegou coa súa obra unha das miradas máis modernas da fotografía española.

Ningún comentario:

Publicar un comentario