Páxinas

15 de xuño de 2011

PRIMEIRA MOSTRA ANTOLÓXICA DO ESCULTOR ITALIANO MARINO MARINI

"Gentiluomo a cavallo" de Marino Marini

Por primeira vez en España pódese ver unha mostra antolóxica do artista italiano Marino Marini. A exposición chega a Vigo da man de Novacaixagalicia e a Fundación Marino Marini de Pistoia (Italia). Por este motivo, a comisaria da mostra, Marisa Oropesa seleccionou un total de 75 pezas que ofrecen unha visión xeral da súa obra, incluíndo esculturas, óleos e debuxos. Marino Marini (Pistoia, 1901 – Viareggio, 1980) é un artista cunhas raíces mediterráneas moi arraigadas, polo que o seu espírito engarza perfectamente coa cultura española.
  • Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia
    Sala de exposicións
    Reconquista s/n
  • Horario: De luns a venres, de 18.00 a 21.00 horas.
    Sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.
  • Datas: Ata ó 26/06/2011

Ningún comentario:

Publicar un comentario