O Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, patrocina a celebración de Día da Biblioteca.
O día 24 de outubro vén celebrando o día da Biblioteca, iniciativa que xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil no ano 1997 e que este ano celébrase en colaboración co Goberno Vasco.
Coa celebración deste día preténdese difundir a existencia dun servizo público de proximidade ao cidadán que contribúe de xeito eficaz a facilitar o acceso ao coñecemento a todos os cidadáns.
OBXECTIVOS

- Dar a coñecer á poboación a existencia das distintas bibliotecas públicas, escolares e hospitalarias, e informar sobre os recursos existentes e as súas diferentes posibilidades de uso.
- Conseguir que os medios de comunicación divulguen a función que realizan as bibliotecas, as súas actividades e a súa colaboración con outros sectores tanto públicos como privados.
- Render unha homenaxe a todos as bibliotecarias e bibliotecarios do país, en recoñecemento do seu esforzo, dedicación e motivación á lectura.
- Fomentar actividades de creatividade, información, coñecemento e promoción da lectura.
- Impulsar proxectos nas bibliotecas para que estas sexan centros de aprendizaxe permanente, coa axuda do existente e as novas tecnoloxías.
- Orientar e apoiar especialmente aos servizos bibliotecarios que traballan con nenos e nenas divulgando a variedade e calidade dos libros que axudan a tomar decisións persoais á hora de ler.
- Asesorar a pais e nais e a mediadores/as na difícil tarefa de seleccionar libros infantís e xuvenís de calidade.
- Ofrecer, de igual forma, a ilustración dos libros que achega unha aprendizaxe de lectura de imaxe, diferente do da narrativa e que, ás veces, é tan interesante ou máis que o propio texto narrativo.
- Estimular desde as institucións bibliotecarias a narración oral, como punto de partida para unha posterior lectura persoal.
- Contribuír á renovación de fondos bibliográficos de literatura infantil e xuvenil dalgunhas institucións, mediante a doazón de fondos existentes na Asociación achegados por distintas editoriais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario