Páxinas

3 de nov. de 2011

A FIRMA GALEGA "REGAL CERÁMICA" GAÑA O PREMIO NACIONAL DE ARTESANÍA 2011


A iniciativa dun artista e empresario, Afonso Otero Regal (Nois, 1952), que leva 30 anos á fronte da súa firma, Regal Cerámica, valéronlle o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona, para entidades privadas, fallado onte en Madrid. Era a primeira vez que se convocaba esta modalidade nos seis anos de vida que ten o certame.
Na gala de Madrid obtivo unha mención especial na categoría Innova a artesá cestera Idoia Cuesta , donostiarra de nacemento, pero que realiza en Lugo toda a súa produción, moi vinculada aos complementos de moda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario