Páxinas

24 de nov. de 2011

X CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO PUBLICITARIO FRANCISCO MANTECÓN

 
 
A Estación Marítima de Vigo acolle ata o próximo 14 de decembro unha exposición que reúne os máis de 2.100 carteis (1.190 asinados por deseñadores estranxeiros) de 54 país que participaron nesta última edición  do prestixioso "Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón". Os finalistas e premiados daranse a coñecer o venres 16 de decembro nun acto que terá lugar na mesma Estación Marítima de Vigo que acolle dita exposición.

Estación Marítima de Vigo - ata o 14 de decembro. de martes a venres (10 -14 h. e 17-20 h.) e sábados, domingos e festivos (10 -14 horas).
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario