A exposición de Amaya González Reyes é a quinta e última proposta do ciclo "ENTRAR NA OBRA", que se desenvolve ao longo de varios meses nas salas do primeiro andar, e cuxo título está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971). Amaya González Reyes reserva para o espectador un espazo propio e emprázao a descifrar as obsesións da artista; un aspecto que se relaciona co título —ou subtítulo— elixido para a súa proposta: "Entrar na obra. Perder(se) nela". A exposición reúne un conxunto de doce obras, de nova produción, realizadas en 2011, que inclúen instalacións ou esculturas/obxectos, ademais dunha videoproxección e cinco fotografías da serie Asalto (est)ético.
DATAS
16 decembro 2011 – 20 maio 2012 DATAS
LUGAR
Salas de exposición do primeiro andar
HORARIO
Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 15.00
Ningún comentario:
Publicar un comentario