Foto do Faro de Vigo // EJA |
Parabéns para Andrea Piñeiro, alumna de artesanía do coiro na nosa
escola, que é unha nova deseñadora de xoias que segue sumando
recoñecementos. En 2010 participou nunha exposición itinerante
organizada polo Parlamento Europeo Estudantil de Escolas de Xoiería e o
ano pasado gañou o Eurobijoux de Ouro cunha xoia chamada "Morrer de
amor". E agora acaba de gañar un terceiro premio do concurso que
organiza anualmente o Parlament Lycéen Européen. Este ano a cita
celebrouse na cidade lusa do Porto e a xoia presentada por Andrea
Piñeiro representaba precisamente unha guitarra portuguesa. Máis información...
Moitas gracias pola publicación. Saúdos*
ResponderEliminar