O alumnado dos distintos niveis da especialidade de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, organiza unha mostra colectiva cos seus traballos pictóricos que, baixo o título "Abstracción Sine qua non", terá lugar na sala de Exposicións do BBVA entre os días 1 e 21 de xuño. A exposición está coordinada pola mestra de Pintura da EMAO, Paula Mariño. Unha oportunidade de apreciar os resultados creativos da aprendizaxe na nosa Escola!
DATOS EXPOSICIÓN:
TÍTULO: Abstracción sine qua non
LUGAR: Sala de Exposicións do BBVA (avd. García Barbón, 2 -2º andar)
DATAS: do 1 ao 21 de xuño
HORARIO: de 17 a 21 horas de luns a venres
É MARAVILLOSO PODER VER O QUE SE FAI NA ESPECIALIDADE.
ResponderEliminarUNHA EXPOSICIÓN CHEA DE MATICES E PERSONALIDADE QUE ABRE A ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS Á SÚA CIDADE.
PARABENS POLO TRABALLO. É MAGNIFICO.
ANÍMOVOS A TOD@S A IR.