Páxinas

12 de xuño de 2012

IMAXINA ATLÁNTICA CONVOCA UN CONCURSO DE ARTE DIXITAL


O programa de cooperación interrexional do arco atlántico Imaxina Atlántica, convoca un concurso de arte dixital a nivel europeo, que está aberto a escolas, estudantes, artistas e novos profesionais.
As obras de arte dixital deberán estar enfocadas para a súa integración nun espazo urbano e poderán integrar son, imaxe, animación e novos medios. Para participar, os artistas deberán constituír equipos de traballo transnacionais e polo menos un dos seus membros deberá residir nun dos territorios de Imagina Atlántica: Poitou-Charentes (Francia), Gales do Norte (Reino Unido), Rexión Norte (Portugal) e Galicia. Os criterios de selección do concurso son a orixinalidade da obra, a contemporaneidade, a calidade técnica e de execución, a pertinencia do enfoque e a consecución da valorización do patrimonio no que sexan instaladas. Haberá entre seis e oito premios finais, dotados o primeiro con 3.500 euros, o segundo con 3.000, o terceiro con 2.500 e os seguintes con 2.000 euros. 
A data límite para a inscrición dos equipos participantes é o 3 de setembro, e as bases pódense consultar premendo aqui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario