Páxinas

20 de xul. de 2012

Mostra "Encadernando" na Pobra do Caramiñal do oficio artesanal da encadernación


Encadernando é unha escolma de pezas e de creadores de encadernación artesanal elaborada en colaboración coa Asociación Galega de Encadernación de Arte (AGEA), a través da cal se achega a diversidade existente neste oficio en Galicia. O exquisito traballo cos diferentes materiais, así como o uso dunha variedade de técnicas artesanais, contribúen a facer da encadernación unha actividade económica na que os profesionais galegos son un referente a nivel nacional e internacional.
A mostra, que se pode ver na Pobra do Caramiñal tralo seu paso pola Coruña e por Santiago, inclúe un total de 26 pezas coas que se amosa como a encadernación contribúe a converter os libros en obxectos de gran beleza estética, persoal e única. As obras foron elaboradas por sete profesionais da encadernación inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia e representan a marca Artesanía de Galicia, un selo de calidade co que o Goberno galego potencia a presenza do produto artesán galego nos mercados.
A mostra, que poderá verse na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler  ata o 27 de agosto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario