Páxinas

27 de set. de 2012

A Balea Negra, 10º Aniversario do Marco


    A BALEA NEGRA
        X Aniversario do MARCO 
           5 outubro 2012 – 31 marzo 2013

A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que xorde da crise provocada polo accidente do buque Prestige hai exactamente dez anos. Nun primeiro momento, o seu propósito é rememorar e documentar un acontecemento que resultou crucial para Galicia e para España, no décimo aniversario do afundimento do petroleiro, 240 millas ao oeste de Fisterra, o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
A exposición parte desta realidade concreta —que, como nos demostran as hemerotecas, foi un dos momentos, social e politicamente, máis intensos das últimas décadas— para contextualizala e interpretala nun marco máis amplo. Así, tomando á industria petrolífera e os múltiples factores que a rodean como unha das principais manifestacións visibles ou físicas das sociedades contemporáneas, o proxecto ábrese a temas diversos como a explotación da natureza, o colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización ou a guerra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario