Inaguracion da exposición de varios fotógrafos “A India, un ollar solidario” que terá lugar na Capela do Hospital de Cangas hoxe venres, 14 de setembro do 2012, ás 19:00 horas. Esta exposición forma parte xunto coa estrea do documental “Un trozo de cielo”, dos eventos que a ONG ShangaIndia celebra co gallo da necesidade de recaudar fondos para a Escola Maria Soliña da India. O documental, realizado por Luis García Verdú, proxectarase nunha gala presentada pola actriz Uxía Blanco. O dia 21 no Auditorio Nova Galicia Banco en Vigo, e o domingo 23 de setembro no Auditorio Municipal de Cangas ás 20:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario