Hoxe a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo abre de novo as súas portas tras a pausa estival, pronto os seus corredores encheranse de persoas interesadas nalgunha das materias que aquí se impárten, os alumnos xa matriculados acudirán ansiosos por saber cando comezan as clases. Desde este blog e desde a páxina oficial da Escola manterémosvos informados das novidades que vaian xurdindo.
Xa sabeis que esta Escola cumpriu o pasado 26 de setembro 125 anos de servizo a Vigo, no momento da súa creación veu encher o baleiro na formación da clase obreira que existía no sistema educativo, os seus obxectivos foron a formación técnica dos obreiros, ou perfeccionamento dos seus oficios e a compensación das carencias educativas de moitos dos seus alumnos, pero o feito indiscutible é que contribuíu de xeito decisivo ao desenvolvemento ecónomico e cultural da nosa cidade. Hoxe todas as persoas que forman parte da engrenaxe que fai funcionar esta Escola, mestras e mestres, dirección, persoal administrativo, conserxes, persoal de limpeza e mantemento e a biblioteca, sen esquecer por suposto aos alumnos, farán todo o
posible por sortear estes tempos difíciles e conseguiran un ano máis
alcanzar o seu obxectivo de formación no ámbito dos oficios artísticos,
sen perder de vista o firme propósito de actualizar a Escola e darlle un
sentido acorde coas necesidades que demanda a sociedade viguesa do
século XXI.
Esta
centenaria institución afronta pois con ilusión o novo curso, seguirá
sendo unha oportunidade para todas aquelas persoas interesadas no estudo
e conservación dos oficios artísticos e tradicionais.
Recordarvos que as Escolas de Artes e Oficios teñen unha longa historia no noso país, como exemplo aquí tedes á Escola de Arte de Almería
que tamén cumpre 125 anos, aí vai un pequeno resumo da súa historia.
"... A Escola de Arte de Almería foi creada en 1887 como Escola de Artes
e Oficios. No seu primeiro e actual emprazamento, na Praza Pablo
Cazard, comparte espazo co entón Instituto Provincial ocupando o antigo
claustro do convento dos Dominicos. Desde entón ata agora chamouse
Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, e, finalmente, Escola de
Arte. Na actualidade impártense estudos de Bacharelato Artístico e
Ciclos de Ensinos Profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao Medio
e Superior. Ademais da vida académica, a escola serve de marco
incomparable para a celebración de exposicións e eventos, que se
desenvolven ao longo de todo o ano e complementan de xeito moi especial a
actividade creativa e cultural do Centro."
Ningún comentario:
Publicar un comentario