Páxinas

19 de set. de 2012

Programa de Residencias Artísticas 2012 Convocatoria de Solicitudes


 Cunha clara intención de incrementar a súa actividade internacional e mantendo o espírito de apoiar aos creadores e fomentar a investigación e innovación no terreo artístico, o Museo de Arte Contemporánea de Gas Natural Fenosa abre o seu Programa de Residencias Artísticas convocando 2 residencias para artistas e profesionais da cultura cunha duración de 2 meses cada unha. O período de residencia para 2012 será entre o 22 de outubro e o 20 de decembro de 2012.
As persoas interesadas en solicitar unha residencia deberán completar o formulario de solicitude dispoñible no sitio web:
http://artistasmac.com/programas/residencias-internacionais/inscripcion antes do 30 de setembro de 2012. 
Para máis información consultar as bases da convocatoria .

Ningún comentario:

Publicar un comentario