Páxinas

3 de out. de 2012

Matadoiro 1983

"MATADOIRO 1983 é un proxecto expositivo, unha experiencia plástica, un programa educativo e un proceso de pensamento en torno ao cosmos estético e xeográfico de Amando (Vigo 1951) no que se encontra, aínda por ouvir, un dos relatos da nosa historia da arte máis recente. O feito fundamental de MATADOIRO 1983 constitúeo a exposición da serie pictórica “Vacas”, de Amando, no Museo do Mar de Galicia ubicado no antigo matadoiro municipal de Vigo (1932-1982). Un conxunto arquitectónico inaugurado no ano 2002 cuxa rehabilitación para novos usos foi ideada polo falecido arquitecto Aldo Rossi (Milán, 1931-1997) e continuada polo tamén arquitecto Cesar Portela (Pontevedra, 1937). MATADOIRO 1983 é un proxecto plural que se compón dunha exposición, un documental, un seminario, un ciclo de cine, actividades didácticas e unha edición".

Ningún comentario:

Publicar un comentario