O Magosto ou castañada é unha festa tradicional nalgunhas zonas do norte da Península Ibérica como Galicia, Cataluña, Asturias, a provincia de León, Sanabria e Benavente e Os Vales na provincia de Zamora e As Hurdes na provincia de Cáceres. É tamén unha festa moi popular en Portugal.
Os elementos comúns desta festa son a celebración no mes de
novembro (ou finais de outubro) e o ter como elementos principais a
castaña e o lume. Adóitase celebrar esta festa nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os
Santos) e o 11 de novembro (San Martín)
onde non faltan as castañas asadas no lume, o viño novo e os chourizos.
O
Magosto era o tempo que os
galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do
equinoccio, un
costume que nestes últimos anos se intenta recuperar. É
unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas
festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser
humano vai
adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade
relacionada co
culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando
ó sol,
deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e
ritual que reforza os vencellos
comunitarios do mundo rural galego. Con posterioridade foi asociada ós
santos e defuntos, por iso se festexa o
1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar
anual.
Máis tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de
novembro,
festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.
Murguía consideraba a festa do magosto coma un
banquete funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Está relacionado co O Samhain, unha festividade de orixe celta na que a
noite do 31 de outubro ao 1 de novembro celebrábase o final da tempada
de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta»,
que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o
paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A festividade céltica do Samhain descríbese como unha comuñón cos
espíritos dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñar
entre os vivos, dándoselle á xente a oportunidade de reunirse cos seus
antepasados mortos. Para manter aos espíritos contentos e afastar aos
malos dos seus fogares, deixaban comida fóra, unha tradición que
evolucionou converténdose no que hoxe fan os nenos indo de casa en casa
pedindo doces.
Pola
influencia da cultura romana primeiro e do cristianismo despois, o
Samain converteuse no día de Todos os Santos, de onde deriva o nome
inglés de Halloween. Polo Samhain era costume baleirar nabos
(posteriormente cabazas, debido a
unha tradición irlandesa) para porlles dentro veas. Varios séculos
despois, esta tradición ten continuidade no actual Halloween,
exportación dos
irlandeses a Estados Unidos no século XIX e principios do XX.
Rafael López Loureiro
foi o responsable de redescubrir esta tradición e
comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos.
Ademais, tamén comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, ao redor
da zona na que están situadas as aldeas de fala galega, e en zonas de
Zamora e de León próximas a Galicia e onde a lingua e as tradicións
galegas están moi arraigadas. Ademais, este estudioso analizou a
relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas
tradicións irmás das illas británicas. Hoxe en día empézase a celebrar o
halloween, Samhain ou Samaín (adaptación
ao galego da palabra gaélica) nalgunhas das cidades e pobos de Galicia,
como A Coruña, Ferrol, Cedeira, etc. Deixándose arrastrar pola
tradicional festa de halloween cun claro interese comercial no noso
país. Aínda que a celebración tradicional, o Magosto ou Magusto ten unha
gran forza desde moi antigo, herdeiro directo do Samónios ou Sámanos
propio da antiga Gallaecia (Galicia, Asturias, León e Norte de
Portugal).
Ningún comentario:
Publicar un comentario