Este fin de semana
O MARCO abrirá as súas portas ata a madrugada
para celebrar o seu 10º aniversario
O MARCO abrirá as súas portas ata a madrugada
para celebrar o seu 10º aniversario
O 13 de novembro, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, cumpriu dez anos dende a súa apertura ao público. Unha data que coincidiu co accidente do petroleiro Prestige nas costas de Galicia, exactamente o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o Museo. Con motivo desta celebración, para este sábado 17 e domingo 18 de novembro o MARCO organiza un programa de actividades para públicos de todas as idades, concibidas en torno á exposición "A BALEA NEGRA", inaugurada o pasado 5 de outubro nas salas da planta baixa.
Datas: 17 novembro 2012 - 18 novembro 2012
Horario: Horarios especiais de apertura: o sábado, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 ata as tres da madrugada; e o domingo, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 ata as 21.00.
Prezo: entrada libre e gratuíta.
Horario: Horarios especiais de apertura: o sábado, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 ata as tres da madrugada; e o domingo, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 ata as 21.00.
Prezo: entrada libre e gratuíta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario