Vigo conmemorará o 25 de novembro -Día internacional contra a violencia de xénero- cun gran "tapiz humano", que está chamado a cubrir coa presenza de polo menos dúas mil mozos o centro urbano, a modo de rexeitamento aos atentados machistas. A iniciativa Enlaza Vigo terá o seu acto central o venres día 23 ao mediodía en Urzáiz, no tramo comprendido entre o Farol e rúa República Arxentina, coa participación de alumnos e alumnas de trinta e seis centros de ESO e FP de Vigo. Ademais, desde hoxe e ata o venres exporase unha mostra colectiva en rúa Príncipe. Apoian a iniciativa entre outros os
escritores Manuel Bragado e Emilio Alonso; o músico Tony Lomba e as
músicas Wöyza e Coral Alonso; a actriz Uxía Blanco; o pintor Nelson
Villalobos; os xornalistas Eduardo Rolland e Javier Viana, e xogadores e
xogadoras de baloncesto dos clubes Celta-Selmark, AMFIV e Seis do
Nadal, e de voleibol, do Clube Vigo Voleibol. A iniciativa xa conta con 1.200 seguidores nas redes sociais. http://www.enlazavigo.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario