Este xoves abriu as súas portas no Auditorio Mar de Vigo con 35 expositores. En Bee Market unha trintena de artesáns fincados en toda Galicia expón o mellor do seu xénero. O abanico de talleres que participan no Bee Market é amplo. Entre os seus expositores locen tortas decoradas, bonecos de trapo, instrumentos tradicionais, xoiería... e ata novidades gastronómicas. O auditorio "Mar de Vigo" é, desde onte e ata o domingo, 9 de decembro, a capital galega desta forma única de traballar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario