Este venres pasado tivo lugar a clausura da exposición "O Cadro Colga da Parede como unha Arma ou un Sombreiro", un proxecto expositivo de Ania González para o Espazo Emao, unha reflexión sobre a función estética, práctica e simbólica da arte.
Con motivo desta clausura presentouse a publicación en formato Fanzine creada polo artista visual Tayone
(Vigo, 1980) e producida na Aula de Serigrafía Artística da Escola;
unha escolma gráfica e textual dos materiais e actividades que formaron
parte do proxecto expositivo.
Os que non puidéchedes asistir tedes a publicación "O cadro colga da parede como unha arma de caza ou un sombreiro. Unha reflexión sobre a función práctica, estética e simbólica da arte" á vosa disposición na Biblioteca da EMAO!
ResponderEliminar