O Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de
igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como
persoa. Celébrase o día 8 de marzo.
O 28 de febreiro de 1909 celebrouse
por primeira vez en Estados Unidos o Día das mulleres socialistas tras
unha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos.
En agosto de 1910 a II Conferencia Internacional de Mulleres
Socialistas, reunida en Copenhague, reiterou a demanda de sufragio
universal para todas as mulleres e, a proposta da socialista alemá Luise
Zietz, aprobouse a resolución proposta por Clara Zetkin proclamando o 8
de marzo como o Día Internacional da Muller Traballadora. A proposta
de Zetkin foi apoiada unánimemente pola conferencia á que asistían máis
de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas as tres primeiras
mulleres elixidas para o parlamento finés. O obxectivo era promover a
igualdade de dereitos, incluíndo o sufragio para as mulleres.
No ano 2011 Nacións Unidas comezou a poñer consignas dedicatorias ás
xornadas do Día Internacional da Muller Traballadora, este ano 2013 celébrase
baixo o lema:
Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para acabar coa violencia contra as mulleres
Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para acabar coa violencia contra as mulleres
Ningún comentario:
Publicar un comentario