Xosé F. Armesto Faginas (1945-2006) |
Diferentes
sectores da cultura, política e sociedade galega reuníronse ou pasado 15 de
marzo no Balneario de Mondariz para render unha homenaxe a Xosé Francisco Armesto Faginas, xornalista, intelectual, director
da Escola de Artes e Oficios e ex director de Faro de Vigo, colaborador da Voz
de Galicia e colaborador de Atlántico Diario. Un encontro entrañable no que
estiveron presentes a totalidade dos xornais da comunidade. Coincidindo co
sexto aniversario do seu falecemento, os seus compañeiros recordaron a súa
faceta de xornalista, escritor, estudioso da obra de Cunqueiro pero sobre todo
“amigo dos seus amigos” nunha comida onde se presentou o Premio Armesto Faginas aos novos valores do xornalismo galego que
da man do Balneario de Mondariz e coa colaboración da Facultade de Xornalismo
de Santiago de Compostela, a Facultade de Comunicación de Pontevedra, a
Asociación da Prensa, a Asociación de Escritores e Xornalistas de Turismo de
Galicia, así como varios dos membros de medios de comunicación que en breve
redactarán as bases deste galardón. O acto pechouse coa entrega á familia de
Armesto Faginas, por parte do alcalde de Mondariz balneario e David Regades, en
representación do Concello de Vigo, da primeira M de Mondariz en bronce que será a imaxe do novo premio
xornalístico.
Titulado
da Escola Oficial de Xornalismo e licenciado en Ciencias de Información pola
Universidade Complutense de Madrid, fixo os seus primeiros traballos como
reporteiro na capital de España pero pronto se trasladou a Vigo. Formou parte
da redacción do Pobo Galego e de Faro de Vigo, xornal do que foi director
durante oito anos, e colaborou entre outros medios con La Voz de Galicia,
diario no que escribiu multitude de artigos sobre a historia da cidade olívica
e as seus máis preclaros persoeiros. Na súa faceta como escritor destaca a
biografía que escribiu sobre Álvaro Cunqueiro, a quen estivo moi vinculado e a
cuxas ordes traballou durante anos. Este traballo está recoñecido como un dos
máis completos que existen sobre o gran escritor mindoniense.
No Concello de Vigo , ocupou dous cargos de relevancia. Primeiro foi
director do Museo de Castrelos, onde tomou a testemuña do cronista da cidade
Vázquez Gil, e despois converteuse en director da Universidade Popular. Estivo
á fronte da nosa vella Escola de Artes e Oficios entre os anos 1987 e 2006, responsabilidade que compatibilizou
cunha rica produción literaria e ensaística. Pese a abandonar o xornalismo
diario, a súa presenza na prensa foi constante, con colaboracións nas que
mostraba a súa gran memoria e o seus extraordinarios coñecementos, amante de
Vigo, coñecía a cidade e ás súas xentes como ninguén.
Estan son algunhas das imagenes da homenaxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario