Páxinas

10 de abr. de 2013

Emilia Guimeráns pon a Mesa de Alfar


O vindeiro sábado, 13 de abril ás 21 h, Emilia Guimeráns, pon a Mesa de Alfar (rúa Hernán Cortes, 4. Vigo). A exposición pódese visitar ata o 14 de xuño.
Para presentar esta exposición nada mellor que as palabras do que fora o seu profesor de cerámica artística, Miguel Vázquez:

"Comeza unha nova tempada na Mesa de Alfar, e xa van tres. Para celebralo a encargada de poñer a mesa será Emilia Guimeráns, cunha dilatada relación co material cerámico, que vai desde a escultura á docencia, pasando entre outras propostas pola realización de pezas de autor para uso cotián, faceta esta que nos ocupa nesta ocasión.
Xa a finais dos 80 Emilia, investigaba a relación entre a forma e a función, vestindo as súas pezas con suaves degradaciones tonales. En periodos mais recentes, o seu interese derivou cara a formas mais xestuais, onde a impronta do momento tiña un papel importante, a pel volvíase informalista, ás veces próxima ao Tachismo, con cores vivas e impredicibles, que nunca nos deixaban de sorprender. 
Para esta mesa Emilia Guimeráns, propón unha reflexión sobre a beleza, a función e a sinxeleza. Atreveríame a dicir entre a difícil relación entre Arte, Artesanía e Industria, para o que, desposúe as súas formas racionalistas de todo accesorio superficial, nun intento de chegar á esencia; as superficies conxugan o neutro e o primario nunha sorte de desnudez case espartana para o que nos ten afeitos. Só quédanos agradecerlle que se haxa reinventado unha vez mais, difícil tarefa cos tempos que corren".

                                                                                                               Miguel Váquez  
(Mestre de Cerámica Artística na Escola de Artes e Oficios de Vigo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario