Páxinas

12 de abr. de 2013

Exposición "O Bosquexo do Mundo" no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Próxima inauguración no Marco de Vigo da exposición "O bosquexo do mundo" que terá lugar o venres, 19 de abril de 2013, ás 20:00 h. 
"O Bosquexo do Mundo" ofrece a posibilidade dunha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista, e traerá ao museo un conxunto de útiles e documentos, tamén obras e os seus antecedentes, que, como pezas dun crebacabezas en perpetuo movemento, proporciona sustento e alimenta as creacións: bosquexos e cadernos de apuntamentos, notas ao paso que agardan o seu momento e ocasión, obxectos de todo rango que se acumulan semi-esquecidos polos cantos do estudio. Cartafoles con recortes de prensa, imaxes e libros doutros artistas; un espazo mental no que calquera posible estímulo atopa acomodo, dende unha colección de postais con imaxes artísticas a un bucle de vídeos de youtube, ou a textos propios e alleos.
Datas: 19 abril 2013 - 15 setembro 2013
Lugar:  planta baixa

Ningún comentario:

Publicar un comentario