Páxinas

6 de abr. de 2013

Festa da Reconquista de Vigo, 6 e 7 de Abril de 2013


Durante dous días as rúas da cidade olívica trasladaranse ao s. XIX para rememorar un mercado tradicional con postos de venda de produtos típicos, demostración de oficios tradicionais da época, comidas rexionais e música tradicional a cargo dos gaiteros e tamborileros, enchendo as súas rúas de cor e esencia do pasado. Os postos instalaranse desde a Porta do Sol ata a rúa Teófilo Llorente.

O sábado 6 de Abril, comezarán os actos relativos á Festa da Reconquista con diversas actividades para todos os asistentes, na que os máis pequenos da casa tamén terán o seu espazo con animación infantil. A partir das 18.15 horas levarase a cabo a Representación da destitución do alcalde e da corporación, e toma da cidade polo exército francés. Ás 19.00 horas terá lugar unha demostración de Esgrima Antiga na Praza do Berbés, e ás 19.30 horas actuación de Vos Quinquilláns-Teatro, na Praza da Constitución. Ás 21.30 horas terá lugar o concerto de Terribles de Donas na Praza do Berbés e ás 23.00 horas pecharase o mercado.

O domingo día 7, os máis pequenos poderán gozar nuevamente con talleres infantís. A partir das 10.00 horas procederase á reapertura do mercado e ás 12.00 horas celebrarase unha demostración de Esgrima Antiga e ás 18.00 horas terá lugar a representación da Reconquista da Vila en Porta do Sol, sendo un dos actos máis destacados destes días porque a representación da batalla conmemora a retirada das tropas francesas tras dominar a cidade e celebra a nova Independencia Española. Ás 21.00 horas na Praza do Berbés celebrarase en concerto de Mel de Meiga. Durante todo o día terán lugar diferentes talleres e demostracións de oficios tradicionais da época.

Ningún comentario:

Publicar un comentario