Páxinas

7 de xuño de 2013

Exposición de "Anselm Kiefer. Un Mestre da Pintura" no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC)


 
Anselm Kiefer. Un mestre da pintura
6 de xuño de 2013 - 3 de novembro de 2013
 Comisario: Fernando Castro Flórez

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) inaugurou onte na Coruña a exposición Anselm Kiefer. Un mestre da pintura, unha selección de obras deste pintor e escultor alemán, referencia entre os artistas contemporáneos europeos.
Anselm Kiefer é un dos creadores referenciales da arte contemporánea, dedicado desde hai cinco décadas a recuperar a dimensión épica da pintura, abordando a historia traumática da nosa época sen perder nunca de vista o elemento poético. A través dunha selección de 18 cadros, obras sobre papel e esculturas, o MAC quere render homenaxe a un dos grandes protagonistas da arte actual e permitir ao espectador reconsiderar unha obra de enorme intensidade e densidad cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario