Páxinas

21 de xuño de 2013

Nova Exposición no Halcón Milenario "Bebe o teu Sange Beaumanoire"


O próximo día 28 de Xuño ás 20:30 horas inauguración no Halcón Milenario da mostra "Bebe o teu sangue Beaumanoire" de Ramon Sanmiquel. Artista nado en 1973, autodidacta e médico, mostrará pezas dotadas dunha gran calidade técnica e cunha estética moi persoal. Unha colección exquisita de pinturas, debuxos, obra gráfica e unha escultura, onde a morte, o erotismo, os paraísos artificiais e os seus recordos máis espurios darán forma á segunda exposición da tempada no Halcón Milenario. 
A banda sonora que acompaña a esta exposición estará composta polos temas de ZovietFrance, Ghédalia Tazartès e Monteverdi ademais da actuación en directo o venres día 5 de Dr. Swinglove, combo vigués que se move entre os ambientes do Gypsy Jazz de Django Reinhardt e os standards de Cole Porter. 
"Bebe o teu sangue Beaumanoire" poderase ver únicamente os venres 28 de Xuño, 5, 12 e 19 de Xullo en horario de 20:30 a 23:30 no Halcón Milenario, rúa Cervantes 18, 1º, Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario