Nova edición do Premio BMW de PinturaBMW Group España presentou o 28 Premio BMW de Pintura, un certamen destinado a promover a pintura e a arte mediante a difusión cultural e a consagración de novos talentos. "Compartimos contigo a paixón pola arte"
Baixo este lema arrinca unha nova edición do premio. Os tres galardones que compoñen este certamen son: o Premio BMW de Pintura, dotado de 25.000 euros; a Beca Mario Antolín de Axuda á Investigación Pictórica, cuxo becario recibirá 8.000 euros; e o Premio BMW ao Talento máis Novo, de 4.000 euros e que está reservado a nenos con idades comprendidas entre os oito e os doce anos. O xurado concederá tamén dez Medallas de Honor.
A entrega e recepción das obras poderanse realizar nas cidades de
Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia, nos centros especificados nas
bases do concurso, entre os días 10 e 30 de setembro de 2013, ambos
incluídos. As bases poden atoparse nos concesionarios BMW, MINI e BMW
Motorrad e na páxina web de BMW.
Ningún comentario:
Publicar un comentario