Páxinas

2 de xul. de 2013

Visitas Guiadas ao Xacemento de Santomé


O Grupo Marcelo Macías, de colaboradores do Museo e Arquivo provinciais de Ourense, no marco das actividades de difusión e promoción cultural que promove, vai realizar ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro, unha xeira de visitas comentadas no xacemento de Santomé. A converxencia dos valores históricos, característicos dun complexo xacemento arqueolóxico, cos naturais derivados dunha vexetación peculiar, converten este lugar de Santomé, situado a escasamente 3 quilómetros da capital da provincia de Ourense, nun espazo privilexiado no contexto da animación sociocultural.
As visitas gratuitas faranse de xoves a domingo en horario de mañá de 11,30 a 13,30 h. e de tarde, de 17,30 a 21 h. e comezarán na caseta de información do xacemento.
Pódese contactar para concertar visitas de grupo chamando aos teléfonos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense: 988223884 e 988230430.
A actividade encádrase nun proxecto de axudas a asociacións e institucións culturais para a realización de programas culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario