Páxinas

8 de out. de 2013

XI Premio de Narración e Ilustración Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez"



A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases do "XI Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil", dotado con 3.000 € para as dúas modalidades, un certame que quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e xóvenes, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez. O prazo para a admisión dos traballos de narración remata o 31 de decembro. Unha vez fallado o premio de narración (no primeiro trimestre de 2014) convocarase o premio Pura e Dora Vázquez de ilustración. As obras presentadas nesta modalidade tomarán como base o texto premiado na modalidade de narración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario