Páxinas

12 de nov. de 2013

Próxima Exposición no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC), "2014, Antes de Irse. Ideas sobre a Pintura"


O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) presenta o proxecto expositivo e editorial "2014 / Antes de irse. Ideas sobre a pintura" comisariado por David Barro.
A exposición, que estará aberta ao público ata o próximo 30 de marzo de 2014, mostra unha selección de obras de sete artistas -Miren Doiz, Jerónimo Elespe, Philipp Fröhlich, Santiago Giralda, Laura González Cabrera, Guillermo Mora e Alain Urrutia- que representan sete tendencias ou sete formas de entender a pintura contemporánea, unha pintura que se move logo da pintura e que asumiu con naturalidade que xa non é unha técnica e si unha tradición, unha idea con capacidade de reformulación constante de si mesma. A exposición, que presenta varias obras site-specific e obras realizadas ex profeso para o proxecto, partirá dunha conversación do comisario cos artistas participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario