O Museo Liste e o C.A.T (Centro de Artesanía Tradicional) comunica:
A apertura da IV Convocatoria do proxecto “O escaparate” para traballos artesáns susceptíbeis de ser expostos no C.A.T. Esta proposta que se inicia no 2013, intimamente ligada á nova andaina do CAT, ten por obxecto brindar un espazo de exposición á produción artesán lonxe das canles habituais como poidan ser feiras e comercio especializado.
O proceso de selección dos traballos a exhibir neste primeiro trimestre do ano, arranca con esta convocatoria que, de xeito trimestral, convida á presentación do artesán e da súa produción.
Para participar será presentación ou envío dun dossier no que se recolla a traxectoria e unha mostra da obra.
Dirixido a: artesáns que queiran dar a coñecer a súa produción
Prazo e lugar de presentación de dossieres ata o 26 de xaneiro, a través do seguinte correo electrónico: recepcion@museoliste.org ou na sede do Museo Liste de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario