Eric Baudelaire, Mohamed Bourouissa, Luc Delahaye, Shai Kremer, Cristina Lucas, Eduardo Nave, Paola de Pietri, Paolo Ventura
A
través de oito artistas que traballan coa fotografía, o vídeo e a
instalación, a exposición formula diversas miradas, diversos modos de
aproximarse aos feitos históricos, tanto do presente coma do pasado. A
todos eles únelles o desexo de reflexionar sobre os devanditos
acontecementos pero o fan dende unha postura distanciada, que ten máis
que ver coa do artista que coa do fotógrafo de prensa ou de reportaxe. É
dende a postura distanciada da arte dende onde estes autores abordan
aspectos como a memoria, as pegadas, as feridas, a evocación ou mesmo a
reinterpretación dos acontecementos históricos.
Datas: 7 febreiro 2014 - 25 maio 2014
Lugar: Primeiro andar
Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30
Produción: La Fábrica
Comisariado: Oliva María Rubio
Ningún comentario:
Publicar un comentario