A A-FAD convoca os premios de arte e artesanía contemporánea, co obxectivo de estimular a investigación, a creación e a excelencia no campo dos oficios de arte. Os premios ARTFAD forman parte do evento FADfest, organizado polo FAD, Fomento das Artes e o Deseño.
O FADfest é a gran cita anual dos sectores do deseño e a creatividade en Barcelona. Ademais de concentrar os premios máis prestixiosos de España en deseño gráfico, deseño industrial, arquitectura, arte, artesanía e moda, reúne os mellores proxectos do ano nunha exposición e organiza un completo programa de debates e accións ao redor da arte, a cultura e o deseño.
A convocatoria dos premios ARTFAD 2014 é de ámbito nacional e
internacional, e vai dirixida a artistas visuales e artesanos
profesionais de calquera disciplina, así como a estudantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario