Páxinas

13 de mar. de 2014

Concurso de Carteis "A Pedaliña 2014" dirixido ao alumnado da EMAO Vigo

A Asociación A Golpe de Pedal e o Concello de Vigo, convocan o concurso de carteis anunciadores do evento A Pedaliña 2014 (que conmemora o Día Mundial da Bicicleta), dirixido exclusivamente ao alumnado da nosa Escola Municipal de Artes e Oficios.

O obxectivo desde concurso é seleccionar o cartel para a divulgación do programa do evento denominado Pedaliña 2014, conxunto de actividades que con motivo do Día Mundial da Bicicleta 2014 celebraranse o sábado 26 de abril, na contorna do monte do Castro de Vigo --con diferentes disciplinas ciclistas--, e o domingo 27 cunha marcha popular polas rúas da cidade.
Os traballos que se presenten deberán ser orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos e que non supoñan, en todo ou en parte, copia ou plaxio de obras xa publicadas propias ou doutros artistas.
Poderá participar no concurso o alumnado matriculado no curso 2013-2014 na EMAO, individualmente ou en equipo. 
O prazo de presentación remata o 27 de marzo de 2014.

BASES DO CONCURSO

Ningún comentario:

Publicar un comentario