Páxinas

10 de mar. de 2014

Convocado o X Premio de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"


A Diputación da Coruña convoca o Certamen de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas dirixido a artesanos que desenvolvan a súa actividade en Galicia e nas categorías de artesanía tradicional e artesanía contemporánea tanto a título particular como en agrupaciones de varios autores, colectivos, asociacións, etc, que non fosen premiados nas últimas tres edicións.
O Certamen contempla dous premios de 4.500 € en cada unha das categorías. Ademais, tamén dispón dunha dotación de 15.000 € para adquisición de obra. 
Pódese participar ata con 6 obras, das que é necesario presentar unha ou varias fotografías de 20 x 25 cm de cada unha pegadas sobre o soporte dunha folla de álbum que debe incluír o nome do autor, a súa dirección, o prezo da obra (incluídos os impostos), as medidas aproximadas e a técnica empregada.
As solicitudes pódense presentar ata o 31 de marzo do 2014.
Documentación

Ningún comentario:

Publicar un comentario