A Deputación da Coruña convoca o IX Premio de banda deseñada “Castelao”. Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante). Establécese un premio único dotado con 6.500 €. O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 4 de abril de 2014. Máis información no BOP da Coruña e en www.dicoruna.es/cultura/premios/castelao

Ningún comentario:
Publicar un comentario