O próposito de Compañeiros de oficio, comisariada polo catedrático de Representación e Teoría Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña Pedro de Llano, é impulsar unha reflexión pouco habitual sobre o papel da arquitectura vernácula como piar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos que deron continuidade ao vínculo entre os “artesáns” de onte e os “creadores” de hoxe, tal e como expresou Charles-Édouard Jeanneret, Le Corbusier, coas palabras que dan título a esta exposición.
Ademais, a mostra acompáñase de Arquitectura para tod@s un
programa educativo gratuíto con obradoiros familiares, visitas
comentadas, obradoiros para grupos e Arquicampamentos de verán semanais,
que pretende que o visitante se cuestione como facer unha nova
arquitectura que mellore e se axuste á sociedade que vén, e cal debe ser
a relación entre o edificio, os seus destinatarios e as necesidades do
medio, descubrindo o futuro no marabilloso pasado dos nosos compañeiros
de oficio.
Entrada gratuita
Horario: de martes a domingo,
festivos incluidos, 12:00 / 14:00 y 18:00 / 21:00 h
Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo. T 986 11 02 20 fundacionbarrie.org
Talleres
Visitas comentadas
Arquicampamentos de verano
Visitas comentadas
Arquicampamentos de verano
Ningún comentario:
Publicar un comentario