"EIDOS DA IMAXE. GRAFÍAS DOS FEITOS E DO PENSAMENTO" é froito da colaboración entre o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, e a Universidade de Vigo. O Proxecto BALIZA, desenvolvido na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e integrado en Campus do Mar. Knowledge in Depth, forma parte das accións financiadas polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte no marco do Subprograma de Fortalecemento de Campus de Excelencia Internacional. Trátase dun programa cuxo fin é aumentar a internacionalización e a creación de estruturas estables capaces de conxugar o mundo universitario co territorio, a administración cívica, a sociedade civil e o mundo empresarial. Neste contexto, o Ministerio de Educación xunto coa Secretaría de Universidades, impulsou a publicación do documento 'A arte como criterio de excelencia', destinada especificamente á introdución de iniciativas artísticas dentro dos proxectos de Campus de Excelencia Internacional. Nesta liña de actuación enmárcase o Proxecto BALIZA, cuxo obxectivo é deseñar un plan de actuación a medio prazo relativo á investigación no campo das Belas Artes: seminarios, xornadas, foros de debate, desenvolvemento de recursos e ferramentas específicas, son algunhas das actuacións levadas a cabo dende o ano 2012, e este proxecto expositivo significa un paso esencial na exploración e visibilidade do binomio arte-ciencia.
O proxecto concibiuse segundo sete vías de desenvolvemento, que
se corresponden coa montaxe da exposición nas salas do MARCO:
Morfografías, Xeografías, Cronografías, Anatomografías, Micrografías,
Macrografías e Espectrografías.
Datas:
6 xuño 2014 - 12 outubro 2014
Lugar:
Salas de exposición do 1º andar
Salas de exposición do 1º andar
Horario:
martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos de 11.00 a 14.30. Pechado luns
Comisariado:
Alberto Ruiz de Samaniego
Alberto Ruiz de Samaniego
Ningún comentario:
Publicar un comentario