A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases do “XII Premio Pura
e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil”, dotado con 3.000
€ para as dúas modalidades, un certame que quere recoñecer a calidade literaria
e artística de traballos creados para nenos e xóvenes, fomentar a lectura entre
este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez.
Ao premio, na súa modalidade
de narración, poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade
que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han de
ser inéditos e totalmente orixinais. As obras, cuxa temática será libre pero
acaída para o público infantil ou xuvenil, terán unha extensión mínima de 25
páxinas e máxima de 100 páxinas, formato A4, fonte Times New Roman, tamaño de
letra 12 e interliñado 1,5 liñas.
A presentación dos orixinais
poderá realizarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense, e os
concursantes deberán remitir seis exemplares da obra nun sobre pechado indicando
no exterior do paquete “PREMIO PURA E DORA VÁZQUEZ DE
NARRACIÓN”.
As obras irán asinadas
exclusivamente con pseudónimo. Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado
en cuxo exterior figurará o pseudónimo do autor e título da obra, e no seu
interior os seguintes datos: título da obra, nome, apelidos e pseudónimo do
autor, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do
DNI.
O prazo de admisión de
orixinais remata o 31 de decembro de 2014, admitíndose, non obstante, aqueles
que teñan sido cuñados por Correos ese mesmo día. Para esta modalidade de
narración establécese un premio de 1.500 €.
O xurado estará composto polo
presidente da Deputación de Ourense (ou persoa, para o efecto, en que el
delegue) e catro vogais escollidos dos distintos ámbitos da Cultura de Galicia.
Actuará de secretaria a xefa da Sección de Arquivo e Publicacións da Deputación
Provincial de Ourense ou funcionario en quen delegue (con voz e sen voto). Os
vogais serán designados pola Comisión Informativa de Educación, Cultura e
Deportes da Deputación Provincial a proposta dos grupos políticos da
Corporación.
A composición do xurado darase
a coñecer en data que se comunicará oportunamente e este emitirá o seu ditame no
primeiro trimestre de 2015. O premio poderá ser declarado deserto, no caso que o
xurado así o considere, e a decisión deste será
inapelable.
A Deputación de Ourense resérvase os dereitos da primeira edición da obra premiada nos idiomas galego e castelán, coa posibilidade de cederlles tales dereitos a terceiros. O beneficiario do premio, que se compromete a renunciar, expresamente, a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente vinte exemplares da obra premiada.
A Deputación de Ourense resérvase os dereitos da primeira edición da obra premiada nos idiomas galego e castelán, coa posibilidade de cederlles tales dereitos a terceiros. O beneficiario do premio, que se compromete a renunciar, expresamente, a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente vinte exemplares da obra premiada.
Unha vez fallado o premio de
narración (no primeiro trimestre de 2015) convocarase o premio Pura e Dora
Vázquez de Ilustración. As obras presentadas nesta modalidade tomarán como base
o texto premiado na modalidade de narración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario