Un dos obxectivos principais do obradoiro de Artesanía en Coiro da EMAO é transmitir as diferentes técnicas desenvolvidas ao logo dos anos nos oficios do coiro e achegar as novas técnicas ao noso alumnado. Esa foi a finalidade da nosa anterior exposición “100X100coiro”, na que amosamos o traballo de artesáns de Madrid, Catalunya, Baleares, Andalucía, Portugal e Bulgaria, xunta con alumnos/as e artesáns/ás profesionais formados/as na nosa Escola.
A idea central da exposición Coiro... aínda que non o pareza que agora presentamos, relaciónase coa técnica da Cor e o Volume, tanto dende a perspectiva decorativa como construtiva.
O fío conductor desta Mostra é amosar a inorme capacidade do coiro como soporte material ideal para unha grande variedade de técnicas pictóricas.
A cór

Expóñense traballos que van dende a mostra de técnicas centenarias como o guadamecí cordobés, da mans dun dos seus principais mestres contemporáneos, Rafael Varo, ata técnicas máis actuais como o pirogravado (Carmen Sanz), o collage (Juan Leiva), ou os denominados “Guadamecís Contemporáneos” do mestre colombiano Nelson Gómez Callejas, entre outros.
O Volume
Exhíbense pezas nas que o volume é unha parte esencial para a súa construción ou para a súa decoración. Os zapatos como forma práctica que realiza o madrileño Alejandro Casado, o modelado en húmido do tamén madrileño Michael Nadeau ou o torneado experimental do balear Tony Reyes ou os precisos trenzados do tamén balear Miguel Marcos que atraerán a atención do visitante.
O alumnado –tanto actual como egresado-- terá un papel importante nesta exposición co traballo dos alumnos de perfeccionamento II e de Proxectos con mostras elaboradas con técnicas como o tallado do coiro ou o pulido por capas.
Por outra banda, obradoiros galegos presentan pezas moi representativas nas dúas ideas sobre as que traballamos: Juan Ruiz (Boborás), o Obradoiro do Museo do Coiro de Allariz, o Obradoiro 1924 de Silleda, Coiraxe de Moaña, Coiro Enxebre de Gondomar ou Mestura de Kores da nosa cidade.
Presencia do Tandy Leather Museum de Fort Worth, Texas (EE.UU)
Especial relevancia ten a presenza de catro obras prestadas ex profeso polo Tandy Leather Museum de Fort Worth, Texas (EE.UU) para seren exhibidas nesta exposición. Son obras representativas do traballo de tres clásicos de referencia na artesanía do Coiro no mundo: Al Stohlman, Jim Linnell, George Hurst y Charlie Davenport.
Actividades complementarias
A exposición ofrecerá visitas guiadas –para achegar a todos aqueles que lles interese coñecer dunha forma máis detallada as técnicas, as pezas e os artesáns que participan-- e demostracións en vivo nas que o alumnado e o mestre da especialidade, explicarán e amosarán técnicas coma o repuxado, o trenzado, o pulido por capas e técnicas caseiras experimentais.
Completan o cadro de actividades relacionadas con esta Exposición as Clases maxistrais e visitas: algúns dos artesáns que participan achegaranse á Escola para coñecela e explicar de primeira man ao alumnado como traballan e ata onde se pode chegar coas mans.
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 12 de febreiro ao 27 de marzo de 2015
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables
Comisariado:
Pepe Pereira (mestre de Artesanía en Coiro da EMAO)
Marian Núñez (Comisión de exposicións da EMAO)
Alba Pardo (Comisión de exposicións da EMAO)
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Ningún comentario:
Publicar un comentario