Páxinas

14 de feb. de 2015

Presentación-Demostración de Tandy Leather na Hemeroteca de Artes e Oficios


Esta tarde na hemeroteca da Escola de Artes e Oficios presentación e demostración a cargo de Lien Deraedt, xerente da tenda Tandy Leather en Xerez da Fronteira, aos alumnos de artesanía do coiro. Esta presentación encádrase no cadro de actividades relacionadas coa exposición "Coiro... aínda que non o pareza" inaugurada onte, na que Tandy Leather ten unha especial relevancia coa presenza de catro obras prestadas ex profeso polo Tandy Leather Museum de Fort Worth, Texas (EE.UU) para seren exhibidas nesta mostra. Son obras representativas do traballo de tres clásicos de referencia na artesanía do Coiro no mundo: Al Stohlman, Jim Linnell, George Hurst y Charlie Davenport.  
 

1 comentario: